Ola! O noso Repair Café forma parte da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia, que ten varios obxectivos:
- A difusión das tecnoloxías libres e da soberanía dixital
- A promoción da electrónica ética, mediante a reutilización de equipos electrónicos coa fin de aumentar a súa vida útil. Esto implica unha diminución tanto dos residuos xerados como da extracción de materiais requiridos na fabricación.
- A redución da fenda dixital
Actualmente existen 5 bancos en Galicia, que xorden da colaboración de varias asociacións e da implicación de ONG de carácter social, que nos permiten canalizar os equipos cara as persoas que os necesitan. Tamén impartimos formacións ás persoas usuarias e talleres de reparación abertos ao publico xeral. Nos últimos meses demos charlas en varios institutos, chamando a atención sobre a procedencia dos materiais empregados na fabricación, e o que ocorre coa súa eliminación. Todos os bancos están xestionados por persoas voluntarias (unhas 25 en toda Galicia).